Boas noticias para o Club Cisne Balonmán, que este mércores 17 de febreiro recibiu permiso para retomar os adestramentos tras superar a maior parte do plantel o que foi o seu segundo confinamento da tempada, por un gromo de covid no equipo.
Segundo confirmou o club pontevedrés, os de Jabato retomaron o traballo de grupo no Pavillón Municipal dos Deportes tras cumprir os 10 días de illamento obrigatorios.
Regresaron a maior parte dos xogadores, fóra de catro deles que seguen en corentena ao dar positivo nos test.
No seu caso a previsión é que poidan incorporarse ás sesións a partir da próxima semana.
O Cisne quixo agradecer ao Teucro a colaboración prestada movendo de horario o seu adestramento para poder exercitarse ambos durante a xornada festiva.
Coa xornada deste sábado 20 aprazada, o derbi galego contra o Cangas, os pontevedreses teñen agora un pouco máis de marxe para recuperar o ton físico e preparar a súa volta á competición.