Preocupante lesión de Andrés Sánchez no Cisne

Pontevedra
24 de febreiro 2021

O central pontevedrés danouse unha dos seus xeonllos nun adestramento e está á espera de someterse nas próximas horas a unha resonancia magnética que determine o alcance exacto da doenza. O Cisne dáo por descartado como mínimo para o próximo mes de competición

Andrés Sánchez, no partido da Liga Asobal entre Cisne e Ademar León
Andrés Sánchez, no partido da Liga Asobal entre Cisne e Ademar León / Mónica Patxot

Nova pedra no camiño do Dicsa Modular Cisne cara á permanencia na Liga Asobal, e outra vez en forma de lesión dun home importante.

Andrés Sánchez mantén en albas aos responsables do club tras caer lesionado nun mal apoio nun adestramento a finais da pasada semana.

O central pontevedrés fíxose dano nun dos seus xeonllos e atópase á espera de ser sometido nas próximas horas a unha resonancia magnética que determine o alcance exacto da doenza.

Unha primeira exploración apunta a danos no ligamento cruzado, aínda que no Cisne confían en que se trate dunha afectación parcial. En todo caso desde a entidade dan por descartado ao xogador como mínimo para o próximo mes de competición.

Todo un contratempo para os de Jabato, ao ser un dos homes con maior peso na súa rotación, xusto cando van retomar a liga tras o seu segundo confinamento da tempada e cando chegan duelos clave pola permanencia, empezando polo duelo do próximo sábado 27 na cancha do Puerto Sagunto, rival directo que conta con 2 puntos máis que o Cisne na táboa.

GRANOLLERS, O 12 DE MAIO

Doutra banda o Cisne negocia estes días cos clubs implicados a recolocación das tres xornadas que tivo que aprazar nas últimas semanas. Neste sentido chegouse a un acordo co Granollers para disputar o seu partido pendente en Pontevedra o mércores 12 de maio, mentres se segue buscando a mellor data posible para os duelos fronte ao Cangas no Municipal e ao Ademar en León, coa intención de poder disputalos ao longo do mes de marzo.