Ouro e prata para a Gimnástica no Campionato Galego Absoluto de Clubs

Pontevedra
18 de abril 2021

Gran balance para a Sociedad Gimnástica no Campionato Absoluto Galego de Clubs celebrado no Barco de Valdeorras este sábado. O equipo pontevedrés, que non puido contar cos marchadores Dani e Antía Chamosa, conseguiu doble podio: ouro en categoría masculina e a prata na feminina

Segundo posto para o equipo feminino da Gimnástica no Campionato Galego de Clubs
Segundo posto para o equipo feminino da Gimnástica no Campionato Galego de Clubs / Federación Galega de Atletismo

Gran balance para a Sociedad Gimnástica no Campionato Absoluto Galego de Clubs celebrado no Barco de Valdeorras este sábado. O equipo pontevedrés, que non puido contar cos marchadores Dani e Antía Chamosa, conseguiu doble podio: ouro en categoría masculina e a prata na feminina.

Dezaseis clubs acudiron a esta importante cita na que os pontevedreses fixéronse co triunfo con 132 puntos, seguidos do Real Club Celta con 118 puntos e do Atlético Santiago con 84 puntos, repetindo o podio do último campionato, celebrado en 2019.

A Sociedad Gimnástica logro o triunfo coas victorias parciais de David de la Fuente nos 800 metros, Carlos Porto nos 1.500 metros, Ignacio Sarmiento nos 400 valos, Miguel Madruga na altura, David Ferrer na lonxitude, Alfonso Palomanes no triplo, Diego Casas no disco e Raúl Joaquín Pagán na xavelina.

En modalidade feminina, as pontevedresas quedaron segundas clasificadas con 108 puntos, por diante do Ourense Atletismo (87 puntos). O primeiro posto foi para o Atletismo Feminino Celta con 110,5 puntos.

O Campionato Galego de Clubs serviu como antesala ao Campionato Nacional de liga, que comezará o vindeiro fin de semana e na que participarán moitos clubs galegos, entre eles a Sociedad Gimnástica.