Semana tras semana, o Pontevedra Club de Fútbol parece condenado a xogar a golpe de sábado na Primeira RFEF.
O granate é o equipo con máis partidos fixados en sábado do Grupo I de Primeira RFEF, e agora sumou un máis ao revelarse os horarios da xornada 15 do campionato.
Será a visita ao campo do RC Celta Fortuna, nun duelo que se colocou na franxa na que máis veces competiu o Pontevedra.
Disputarase concretamente o sábado 6 de decembro ás 16.15 horas, coa cobertura televisiva da Televisión de Galicia.
Non se desvelou aínda o lugar do encontro, sinalando desde o Celta de Vigo que "está por determinar", e é que habitualmente o Fortuna compite en Barreiro, pero esa fin de semana o primeiro equipo xogará fóra da casa, no Bernabeu, o domingo día 7, polo que Balaidos estaría dispoñible.
𝐇𝐎𝐑𝐀𝐑𝐈𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐅𝐈𝐑𝐌𝐀𝐃𝐎 ✅
— Canteira Celeste (@CanteiraCeleste) November 13, 2025
🔙 Volta o derbi pontevedrés tres tempadas despois! pic.twitter.com/yC3z52Pai8
Sumando este encontro pasarán a ser, de 15 xornadas, 11 veces as que o equipo da Boa Vila xogue no penúltimo dia da semana. De feito só competiu en catro ocasiones en domingo, e unicamente unha vez pola tarde recibindo o Tenerife en Pasarón. O resto, tres citas dominicais contra Talavera na casa e fronte a Arenteiro e Real Madrid Castilla fóra.
Desvelado este novo horario, o próximos catro encontros en liga dos pontevedreses disputaranse en sábado, empezando este 15 de novembro (16.15 horas) contra o Mérida en Pasarón e seguindo o o día 22 contra o Lugo a domicilio (16.15 horas) e o 29 de novembro (18.30) recibindo o Guadalajara na Boa Vila.
Sinalar ademais que o choque fronte ao filial celtista será o terceiro en sete días para os homes adestrados por Rubén Domínguez, o que o mércores 3 de decembro afrontarán a segunda eliminatoria de Copa do Rei contra o Eibar en Pasarón.