Pablo Dapena ponse a punto no Dúatlon Movéndonos por Poio, con Aida Valiño como vencedora feminina

Poio
19 de abril 2021

A terceira edición da competición celebrouse este domingo en Lourido rozando os 200 participantes co aliciente de poder ver en escena a todo un campión do mundo como Pablo Dapena, preparando a súa próxima participación no Challenge de Mogán-Gran Canaria

Terceira edición do Duatlón 'Movéndonos por Poio'
Terceira edición do Duatlón 'Movéndonos por Poio'

A terceira edición do Dúatlon Movéndonos por Poio ofreceu este domingo unha gran xornada deportiva na praia de Lourido, e contou cun aliciente pouco habitual para estas probas, a presenza de todo un campión do mundo como Pablo Dapena.

O pontevedrés, que o próximo 24 de abril medirase en Gran Canaria a campións mundiais Ironman como Patrick Lange ou Jan Frodeno, aproveitou a carreira á beira da casa para probarse e de paso recuperar sensacións.

Vaia se o fixo, impoñéndose con autoridade na categoría masculina ao completar os 5 quilómetros a pé, os 21 quilómetros do sector ciclista e os 2,5 quilómetros finais de novo a pé cun tempo de 58 minutos e 12 segundos, superando con claridade a Antonio Benito (1:01:32) e a outro especialista en longa distancia como o estradense Cristóbal Dios (1:01:37), segundo e terceiro respectivamente.

Pola súa banda na proba feminina lle vencedora foi outra triatleta de gran traxectoria como Aida Valiño, cun tempo de 1:11:58. Acompañárona no podio Andrea Iglesias (1:14:25) e Tina Marie Fernández (1:16:15).

Consulta aquí as clasificacións completas do III Dúatlon Movéndonos por Poio.