Pablo Dapena ve a luz ao final do túnel tras "unha das peores lesións que tiven"

Pontevedra
19 de agosto 2020

O triatleta pontevedrés acumula ao redor de dous meses sen poder correr por culpa dunha lesión, aínda que asegura que "o final do túnel está cada vez máis preto"

Pablo Dapena, na rolda de prensa previa ao inicio do ITU Multisport
Pablo Dapena, na rolda de prensa previa ao inicio do ITU Multisport / Mónica Patxot

O 2020 non vai quedar no recordo de Pablo Dapena como o mellor ano da súa carreira deportiva, non só polo coronavirus que trastornou e reduciu ao mínimo a maior parte do calendario dos profesionais, senón tamén polos problemas físicos que arrastrou nos últimos meses.

Unha "pequena rotura no psoas" ten a culpa, tal e como o propio triatleta pontevedrés recoñeceu nas súas redes sociais. Esta doenza "derivou nunha forte dor nos abdutores que me ten o dique seco sen correr".

Así estivo os dous últimos meses, asegurando vivir "momentos moi duros, moi negativos que sumados ao período de confinamento fagan deste 2020 unha mala dixestión".

Dapena lamenta que sexa "o ano que menos adestro e unha das peores lesións que tiven".

A pesar de todo o campión do Mundo de tríatlon de longa distancia agradece o apoio da súa parella para pasar os peores momentos e revela que xa queda pouco para volver estar en plenas condicións, xa que "o final do túnel está cada vez máis preto".

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Probablemente fuese una de las últimas fotos que @javitheilacker me sacó en una sesión de carrera a pie. De eso hace ya 8 o 9 semanas, prefiero ni acordarme. Una pequeña rotura en el psoas derivó en un fuerte dolor en los abductores que me tiene el dique seco sin correr durante todo este periodo de tiempo. Quien lo iba a decir.. el año que menos entreno y una de las peores lesiones que he tenido. Han sido momentos muy duros, muy negativos que sumados al periodo de confinamiento hagan de este 2020 una mala digestión. He tenido la suerte de que cuando mi cabeza estaba en modo electrón apareciese la positividad de @ana_lema_ en forma de protón para contrarrestar. Queda un poquito para estar de vuelta, pero el final del túnel está cada vez más cerca. Cabeza fría.

Una publicación compartida de Pablo Dapena González (@pablitopiny) el

Por fortuna en todo este tempo o pontevedrés si puido seguir nadando e acumulando quilómetros en bicicleta, o que lle permitiu manter un bo ton físico.

Tras publicar esta reflexión, Dapena recibiu o apoio de moitas das figuras do tríatlon nacional como Fernando  Alarza,  Gurutze Frades e Cesc Godoy, entre outros, e tamén do seu compañeiro de adestramentos e gran referencia, Javier Gómez Noya, que lle trasladou os seus ánimos cun: "Ánimo rapaz! Se algún momento é menos malo para recuperar unha lesión, é agora que non hai carreiras. Aos poucos... polgada a polgada".