Pasarón recibe os afeccionados do Pontevedra no pincho previo partido ante o Sanse

Pontevedra
07 de abril 2019

Un bo número de seguidores do Pontevedra CF reuníronse este domingo antes do choque ante o San Sebastián de los Reyes para disfrutar juntos de una churrascada, aunque el tiemp no acompañó

Churrascada previa ao partido entre o Pontevedra e o Sanse.
Churrascada previa ao partido entre o Pontevedra e o Sanse. / Diego Torrado

Un bo número de afeccionados do Pontevedra CF acudiron este domingo, ao redor das 12:00 do mediodía, a Pasarón para gozar do petisco previo ao partido ante o San Sebastián de los Reyes. Ademais de probar o churrasco e o polbo preparados para a ocasión, os seguidores do equipo granate animáronse para afrontar o que viría despois: un choque no que se xogaban moito.

Os máis pequenos tamén tiveron o seu oco na romaría futboleira, xa que xunto ao estadio pontevedrés dispuxéronse inchables e outro tipo de entretementos para eles. Así, non só os maiores aproveitaron a xornada. 

Con todo, o tempo non foi o mellor para a cita, motivo polo que se notou a ausencia de gran cantidade de seareiros, que se reservaron para acudir ao lugar esa tarde.