Segue o mal fario do Poio Pescamar cos equipos da zona baixa da clasificación. Esta vez foi o Guadalcacín o que conseguiu forzar un pouco habitual empate sen goles, que serve ás andaluzas para saír dos postos de descenso, pero que afasta lixeiramente ás de Dani Díaz do seu obxectivo de conseguir a terceira praza, en poder do Roldán.
O partido comezou equilibrado, con dúas escuadras entregadas aos labores ofensivos buscando con afán a portería rival. Aos poucos, o conxunto "rojillo" facíase co mando do xogo con varias ocasións de gol que salvaba Caridad na portería andaluza.
A falta de tres minutos para a finalización do primeiro acto, as locais sorprendían subindo a liña de presión e a pesar dos seus achegamentos de perigo chegábase ao descanso con empate a cero.
Na continuación, o Poio Pescamar tentou aumentar a intensidade e subiu a liña de presión en busca de adiantarse no partido, pero o Guadalcacín mostrábase moi cómodo en tarefas defensivas aguantando as acometidas visitantes.
Aos poucos, as xerezanas conseguían desembarazarse do dominio rival e tiñan a súa mellor ocasión nun remate ao pau de Luci aos 28 minutos, ata que novamente as galegas facíanse co control xa ata o final en busca da vitoria, pero a súa falta de acerto na definición sumada ao bo facer defensivo das locais facía o que partido concluíse sen que se movese o marcador.
GUADALCACÍN (0): Caridad; Chihiro, Sara Santos, Inma Sojo e Fernanda (quinteto inicial). Tamén xogaron, Ogalla, Luci, Natalia, Desi e Ali.
POIO PESCAMAR (0): Silvia; Dany Sousa, Cárol, Jenny e Ale de Paz (quinteto inicial). Tamén xogaron, Jessi, Ceci e Lidiane.
Árbitros: Javier Estrada Rocha e Cristian López Muñoz (Cádiz). Amoestaron a Luci e Inma Sojo no Guadalcacín, e a Jennifer e Cárol no Poio Pescamar.
Incidencias: Pavillón Municipal ( Guadalcacín). Uns 150 espectadores.