Éxito de participación no segundo Desafío de Porteiros organizado polo Poio Pescamar

Poio
20 de marzo 2019

A xornada organizada polo Poio Pescamar no pavillón municipal da Seca contou coa participación de 45 gardametas de diferentes categorías e chegados desde diferentes puntos de Galicia

Segundo Desafío de Porteiros do Poio Pescamar
Segundo Desafío de Porteiros do Poio Pescamar

O pavillón municipal da Seca foi escenario este martes 19 de marzo da segunda edición do Desafío de Porteiros organizado polo Poio Pescamar.

A xornada resultou todo un éxito de participación coa presenza de 45 gardametas de diferentes categorías que se achegaron a Poio desde diferentes puntos da xeografía galega.

As e os asistentes conviviron coas porteiras do primeiro equipo do Poio Pescamar, Irene Floriani e a distinguida como segunda mellor gardameta do mundo o pasado ano, Silvia Aguete.

Ademais recibiron sesións de vídeo, realizaron exercicios e batéronse en desafíos sobre a pista do pavillón.

A xornada prolongouse durante preto de 4 horas, desde as 16:00 ata as 20:00 horas da tarde aproximadamente.