A Sociedad Gimnástica está de parabén polo título nacional logrado a fin de semana por unha das súas atletas.
Paula Fernández deu un paso máis na súa espectacular progresión ao proclamarse Campioa de España Sub-18 de Campo a través, na competición por Federacións celebrada na localidade cordobesa de Almodóvar del Río.
A nova promesa do equipo pontevedrés brillou sobre o barro impoñendose nun emocionante sprint final.
Venceu cun tempo de 18 minutos e 41 segundos, con apenas 2 segundos de vantaxe sobre Sara Masanet e tres segundos sobre Lluna Villar, deportistas ambas as dúas da Comunidade Valenciana.

Pero non foi o úniuco metal con cor pontevedresa no Campionato de España de Campo a través.
A outra chegou na categoría Sub-20 por equipos, na que Galicia colgou o ouro.
A ese resuñtado colaboraron as tamén ximnásticas Sabela Martínez e María Estévez cun cuarto e undécimo posto individual respectivamente.
Galicia logrou o título de maneira clara, con 27 puntos de vantaxe sobre a selección de Andalucía e 30 sobre a Comunidade Valenciana, prata e bronce.