Pedro González reforza a zaga do Arosa

O Salnés
27 de xullo 2026

O lateral esquerdo de 22 anos chega procedente do Salerm Puente Genil e, a pesar da súa xuventude, conta con dúas tempadas de experiencia en Segunda Federación

Pedro González, novo xogador do Arosa
Pedro González, novo xogador do Arosa /

O Arosa ultima o seu plantel de cara á tempada 26/27 cun novo reforzo para a zaga. Trátase de Pedro González, lateral esquerdo de 22 anos que chega procedente do Salerm Puente Genil do grupo 4 de Segunda Federación.

Pedro deu os seus primeiros pasos no fútbol sénior co CD Santa Fe, club co que debutou en Primeira Andaluza estando aínda en idade xuvenil. Tras unha tempada na canteira do Recreativo de Huelva, o granadino recalou nas filas do Peña Balsamaiso de Terceira Federación.

O seu bo facer no campo levouno a ser convocado en tres ocasiones polo SD Logroñés de Primeira Federación, club co que o Peña Balsamaiso tiña asinado un acordo de filialidade naquel momento.

No verán de 2024 puxo rumbo ao CD Anguiniano para debutar en Segunda Federación disputando 17 encontros e, unha tempada despois, recalou no Salerm Ponte Génil para participar en 15 partidos, 10 deles como titular.

A súa última tempada non tivo o desenlace esperado a nivel colectivo, pois descendeu co seu equipo a Terceira Federación.

Con todo, o conxunto arlequinado aposta polos seus servizos para reforzar a parcela defensiva de cara ao próximo curso na cuarta categoría.

Durante a súa presentación, Pedro González deixou claro que "o Arosa é un club con moita historia e con moita afección", motivos que lle convenceron para unirse á disciplina de Gonza Fernández.

Doutra banda, o granadino defínese como un "lateral sólido, intenso, difícil de superar no un para un, traballador e que me gusta incorporarme ao ataque cando se pode".

As súas dúas campañas de experiencia na categoría fanlle ver que este ano hai un grupo "moi axustado" e espera unha tempada na que o cadro vilagarcián non renuncie a nada.

Esta chegada coincide, ademais, co inicio dos adestramentos do conxunto arlequinado. Pedro González formou parte do grupo nesta primeira sesión de traballo.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora