Xandre Fraga dá o paso ao fútbol sénior da man do Arosa

O Salnés
23 de xullo 2026
Actualizado: 18:32

O atacante pontevedrés chega ao conxunto arlequinado procedente do RC Celta. Faino en calidade de cedido tras formar parte do equipo xuvenil que se alzou campión de liga en División de Honra

Xandre Fraga, novo xogador do Arosa SC
Xandre Fraga, novo xogador do Arosa SC / Arosa SC

O Arosa Sociedad Cultural incorpa ás súas filas a Alexandre Fraga "Xandre", atacante pontevedrés de 19 anos que aterra na Lomba procedente do RC Celta en calidade de cedido.

Xandre formou parte do equipo xuvenil que se proclamou campión de liga do grupo 1 en División de Honra. A súa polivalencia levoulle a ser unha das pezas importantes, pois disputou máis de 2.000 minutos co conxunto celeste nos que anotou 3 goles.

E é que a pesar de que a súa posición natural é a de extremo dereito, o lerezano tamén se pode desempeñar como lateral ao ser un xogador "con percorrido, vertical e moi intenso".

Xandre, que se formou nas categorías inferiores do Portero 2000, asegura que o cadro vilagarcián é "un lugar idóneo para crecer como xogador e como persoa".

Doutra banda, o xogador asegura que a clave para lograr a permanencia en Segunda Federación pasa por "facernos fortes en casa para conseguir os obxectivos e manter ao Arousa no lugar no que merece estar".

Renovación de Álex Rey

 

Outra das novidades é a renovación do dianteiro vigués Álex Rey, que disputará a súa segunda tempada no conxunto arlequinado tras un notable primeiro ano no que foi de menos a máis co paso das xornadas.

Para o recordo queda unha extraordinaria segunda volta na que o xogador contribuíu con sete importantes goles que, sumados ao que anotou fronte o Atlético Montañeros na primeira volta, fan un total de oito tantos en 1.468 minutos disputados.

A súa continuidade no equipo supón un achegue extra de experiencia, pois o vigués conta con 49 partidos ás súas costas nunha Segunda Federación na que xa xogou co Coruxo xusto antes de recalar nas filas do equipo vilagarcián.

"Vai ser moi competida e igualada en todos os niveis, pero estou seguro de que con humildade e traballo imos dar moita guerra", asegurou o ariete do Arosa.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora