Broche final á tempada da escola deportiva municipal de boxeo de Marín.
Non sen antes protagonizar unha xornada especial no Paseo Alcalde Blanco, onde este domingo se celebrou o Torneo Pequenos Guerreiros organizado polo Team Thunder.
Unha competición dedicada ao boxeo de formación e que contou con medio cento de deportistas de entre 3 e 15 anos de idade.
Durante toda a mañá, os xóvenes boxeadores realizaron as catro probas oficiais de Formas de Boxeo: corda, sombra, saco e manoplas.
Trátase dunha modalidade competitiva sen contacto físico que permite que os nenos e nenas desenvolvan a súa técnica, coordinación, condición física e confianza. Ofrece desta forma unha alternativa para quen desexan competir sen necesidade de realizar combates.
Con este torneo o Team Thunder pon o broche final á tempada da súa escola municipal, aínda que non detén a súa actividade xa que manterá as clases de boxeo para nenas e nenos de todas as idades durante o verán, en horario de mañá.
Ademais o seu equipo de competición afronta importantes retos, como a presenza de Raúl Loira no Campionato de España Elite.
Ademais o 4 de xullo está prevista a participación de cinco deportistas do club nunha velada en Santa Comba, e do 9 ao 12 de xullo un equipo de dez boxeadores participará no Open Internacional de Braga en Portugal.