Pierre Oriola, de xogador de moda na ACB a mestre no Campus Baloncesto Pontevedra

Pontevedra
02 de agosto 2016

O ala pívot, recentemente fichado polo Valencia Basket para as dúas próximas campañas, foi a estrela convidada este martes no Campus Baloncesto Pontevedra que se está celebrando nas instalacións da Cidade Infantil de Príncipe Felipe

Pierre Oriola no Campus Baloncesto Pontevedra
Pierre Oriola no Campus Baloncesto Pontevedra / Cristina Saiz

Foi xogador da xornada na liga ACB, cando conseguiu 23 puntos, 9 rebotes e 35 de valoración na xornada 10 da competición, e converteuse nunha das sensacións da campaña no seu equipo, o Baloncesto Sevilla, no que alcanzou 8,5 puntos e 3,5 rebotes por partido.

Ese rendemento valeulle para asinar por dous anos co Valencia Basket. É Pierre Oriola, ala pívot catalán de 23 anos e 2,06 metros de altura, convertido en mestre de luxo en Pontevedra.

Oriola foi a estrela convidada este martes no Campus Baloncesto Pontevedra que se está desenvolvendo nas instalacións da Cidade Infantil de Príncipe Felipe, tomando a testemuña de Pepe Pozas, base do Obradoiro santiagués.

Internacional en categorías de formación, Pierre compartiu experiencias e trucos cos xóvenes deportistas, que aspiran a chegar un día á elite.

O Campus Baloncesto Pontevedra continuará coa súa actividade durante toda a semana, ata o vindeiro domingo 7 de agosto.