O Poio Bike Club presentou este xoves ao equipo da nova tempada de ciclocrós que comeza este mesmo domingo coa Copa de España en Xixón, ata onde se desprazará unha grande representación con cadetes, júnior, elite e sub-23.
A presentación contou coa presencia do alcalde de Poio, Ángel Moldes, e o concelleiro de Deportes, Cándido Muíños, que aproveitaron a ocasión para desexarlle ao equipo os maiores éxitos.
Esta campaña, o equipo afrontará preto de vinte eventos, tanto no ámbito autonómico como a Copa de Galicia de ciclocross, a Copa de España, Internacionais de Marín, Ribadumia e Melgaço en Portugal.
Desde o club destacan "o exemplo de paixón polo deporte" que se respira desde dentro, "onde a canteira é un referente dentro e fóra do concello"