Poio Pescamar dá a de area e cae ante Penya Esplugues (1-4)

Poio
10 de febreiro 2018

O acerto na finalización foi a clave da vitoria da Penya Esplugues na Seca ante un Poio Pescamar que deu a de area tras vencer a semana anterior na pista do líder

Partido entre Poio Pescamar e Universidad de Alicante na Seca
Partido entre Poio Pescamar e Universidad de Alicante na Seca / Diego Torrado

O acerto na finalización foi a clave da vitoria da Penya Esplugues na Seca ante un Poio Pescamar que deu a de area tras vencer a semana anterior na pista do líder.

Aínda que o marcador final podería indicar outra cousa, o certo é que o partido foi moi igualado e só se inclinou ao final ao lado visitante cando as de Marcio Santos víronse obrigadas a buscar o marco rival recorrendo ao xogo de cinco, que non lles deu bo resultado.

Dominio local nos primeiros compases cunha Penya Esplugues que buscaba sorprender ao contragolpe. O primeiro tempo escapouse sen apenas ocasións de gol e igualdade absoluta.

Nada cambiou tras o paso polo vestiario, ata que superada a metade do período final o equipo catalán conseguía o seu obxectivo, sorprendendo con dous goles noutros tantos minutos, o primeiro de Silvia en propia porta no seu intento de despexar un remate de Berta Velasco e o segundo de Helena Roig a pase de Berta.

O Poio víase obrigado a optar polo xogo de cinco nos últimos instantes e reducía distancias cun gol de Jenny, pero non tivo continuidade e no último minuto as visitantes sentenciaron con dous goles a porta baleira de Marta de los Riscos e Celia.

POIO PESCAMAR (1): Silvia; Iria, Jenny, Ale de Paz e Ceci (quinteto inicial). Tamén xogaron, Jessy, Cárol, Yoli, Patri, Tani e Deliser.

PENYA  ESPLUGUES (4): Nerea; Zoe, Berta Velasco, Helena Roig e Estela (quinteto inicial). Tamén xogaron, Arancha, Marta de los Riscos, Celia, Marta González e Laura.

Goles: (0-1) Minuto 29: Silvia (propia porta). (0-2) Minuto 31: Helena Roig. (1-2) Minuto 39: Jenny. (1-3) Minuto 40: Marta de los Riscos. (1-4) Minuto 40: Celia.

Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 100 espectadores.