Poio Pescamar deixa escapar o tren de cabeza ao caer ante Alcorcón (0-1)

Poio
16 de decembro 2017

Partido entre aspirantes aos postos de honra entre Poio Pescamar e Alcorcón que se resolveu pola mínima favorablemente para as oleiras, que desta forman fanse co cuarto posto, relegando ás de Marcio Santos á quinta posición, pero xa a considerable distancia en canto a puntuación das primeiras posicións

Partido entre Poio Pescamar e Alcorcón na Seca
Partido entre Poio Pescamar e Alcorcón na Seca / Diego Torrado

Partido entre aspirantes aos postos de honra entre Poio Pescamar e Alcorcón que se resolveu pola mínima favorablemente para as oleiras, que desta forman fanse co cuarto posto, relegando ás de Marcio Santos á quinta posición, pero xa a considerable distancia en canto a puntuación das primeiras posicións.

O Poio optaba de inicio por xogar á contra, deixando a iniciativa ás visitantes, que presionaban en toda a pista e aos oito minutos adiantábanse conseguindo o que sería único gol do partido por medio de Vane Sotelo, que se aproveitaba dunha perda de balón de Iria Saeta para rematar con comodidade.

A pesar de que as "rojillas" trataron de meterlle máis ritmo ao partido, chegouse ao descanso sen apenas ocasións para mover o marcador.

Na segunda parte, o Poio Pescamar pasou a mandar, arriscando máis en ataque e xerando oportunidades claras para lograr cando menos o empate, pero tropezouse co bo facer da porteira madrileña Belén, que salvou o resultado para o seu equipo.

Alcorcón defendíase a través de longas posesións de balón que lle deron bos froitos, conseguindo desconectar a un Poio que nin sequera tivo ocasión de recorrer ao xogo de cinco nos compases finais.

POIO PESCAMAR (0): Silvia; Ceci, Iria Saeta, Jenny e Patri Corral (quinteto inicial). Tamén xogaron, Carolina, Ale de Paz e Yoli.

A.D. ALCORCÓN (1): Belén; Isa García, Anita Luján, Vane Sotelo e Sila (quinteto inicial). Tamén xogaron, Desi, Sara Sanz, Irene Samper, Laura e Anita Rivera.

Árbitros: Otero Mira e Roldán Pérez (Galicia). Sen amoestacións.

Goles: (0-1) Minuto 8: Vane Sotelo.

Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 250 espectadores.