Poio Pescamar e Marín Futsal avanzan a semifinais de Copa Galicia

Marín
10 de setembro 2023

Poio Pescamar e Marín Futsal avanzaron a semifinais da Copa Galicia tras superar a Amarelle FSF e CD Mosteiro Bembrive, respectivamente  

Jessi 'Café' no partido entre Marín Futsal e Poio Pescamar na Raña

Poio Pescamar e Marín Futsal avanzaron a semifinais da Copa Galicia tras superar a Amarelle FSF e CD Mosteiro Bembrive, respectivamente.

No primeiro partido da tarde, as vermellas tiveron que sufrir para facerse coa vitoria, que chegou grazas ao solitario gol de Laura Canales.

Todo o contrario viviron as marinenses en Vigo, que demostraron a súa superioridade na cancha para dsifrutar dunha tarde de goles e gañar por 2-9 ao Bembrive de Vigo.

Tamén avanzaron de rolda o Castro de Lugo, que deu a sorpresa ao gañar por 2-0 ao Ourense Envialia, e o Burela, vixente campión da Copa que goleou ao Valdetires Ferrol por 0-9.

Os enfrontamentos de semifinais decidiranse mediante sorteo e os partidos disputaranse en febreiro de 2024.