O Poio Pescamar regresa a posto de play-off tras gañar en Ourense

Poio
06 de xaneiro 2026
Actualizado: 16:34

O conxunto conserveiro superou este domingo con autoridade o Ourense Ontime (2-5) e volve meterse entre os catro mellores equipos da clasificación

O Poio Pescamar festexa o triunfo conseguido ena pista do Ourense Ontime
O Poio Pescamar festexa o triunfo conseguido ena pista do Ourense Ontime / Poio Pescamar FS

Inicio de ano redondo para o Poio Pescamar.

Despois de vencer a fin de semana na cancha do Burela, o conxunto conserveiro afrontaba este 6 de xaneiro outra nova saída en liga visitando o Ourense Ontime, logrando o seu segundo triunfo consecutivo (2-5).

O equipo vermello recuperou sensacións no inicio de ano e regresa co triunfo a postos de play-off polo título con 25 puntos aproveitando o duelo de rivais directos entre Futsi e Alcorcón.

Non foi en todo caso unha vitoria sinxela para as xogadoras adestradas por Luís López-Tulla, que no primeiro minuto de xogo víronse por baixo no marcador por un tanto da local Melli.

Reaccionou rápido o Poio, empatando no minuto 5 Ale de Paz e remontando pouco despois co 1-2 de Èlia.

As vermellas consolidaron a súa vantaxe chegando ao descanso con ese marcador e mantendo a iniciativa até o ecuador do segundo acto.

Carla Ayensa no minuto 30 devolvía as táboas no marcador, pero cando parecía que o partido se podía complicar na seguinte xogada Noelia Montoro volvía pór en vantaxe o Poio Pescamar.

Foi o Ourense de novo a polo empate nos minutos finais, momento no que chegaría a sentenza con dous goles conserveiros máis, obra de Débora e Ale de Paz.

Consulta aquí a acta do partido entre Ourense Ontime e Poio Pescamar.