Poio repite como sede dunha xornada de convivencia do rugby galego

Poio
22 de maio 2025
Actualizado: 29 de maio

A xornada, organizada polo Pontevedra Rugby Club, xuntará máis de trescentos nenos e nenas de 4 a 12 anos nos campos municipais da Seca

Presentación en Poio da Concentración de Escolas de Rugby de Galicia
Presentación en Poio da Concentración de Escolas de Rugby de Galicia / Concello de Poio

Os campos municipais da Seca, en Poio, volverán converterse, polo menos por un día, no centro do rugby galego.

Do mesmo xeito que en 2024, alí celebrarase a Concentración de Escolas de Rugby de Galicia.

Trátase dun evento que reunirá, estiman, máis de 300 deportistas de entre 4 e 12 anos, nunha xornada de convivencia e deporte.

Organizada polo Pontevedra Rugby Club co apoio do Concello de Poio, contará coa participación de escolas deportivas de todo Galicia.

Partidos, xogos ou actividades formativas buscarán formentar o compañeirismo e respecto propio do deporte do balón oval.

Todo dunha maneira non competitiva, xa que non haberá marcadores.

A Concentración de Escolas de Rugby de Galicia ten previsto o seu comezo ás 10.30 horas deste próximo sábado 24 de maio.

Serán horas de diversión até finalizar co tradicional terceiro tempo, cunha comida na contorna da Seca.