Exitosa primeira edición da ruta BTTroita, celebrada este domingo en Ponte Caldelas como antesala da Festa da Troita, que terá lugar os días 31 de maio e 1 de xuño.
Máis de medio milleiro de ciclistas participaron na proba, non competitiva, que contou cun percorrido de 39 quilómetros con saída e chegada na Alameda.
A satisfacción no Concello de Ponte Caldelas co desenvolvemento da ruta foi tal que xa confirmou que o próximo ano haberá segunda edición.
Ademais o goberno municipal sinalizará de xeito permanente o percorrido para que os afeccionados á bicicleta de montaña poidan acudir de xeito frecuente á localidade.