Ponte Caldelas goza coa primeira edición da BTTroita

Ponte Caldelas
18 de maio 2014

Máis de medio milleiro de ciclistas afeccionados participa na ruta. O Concello, satisfeito co evento, confirma que haberá segunda edición o próximo ano, de novo como preludio da Festa da Troita  

Primeira edición da ruta BTTroita en Ponte Caldelas Concello de Ponte Caldelas

Exitosa primeira edición da ruta BTTroita, celebrada este domingo en Ponte Caldelas como antesala da Festa da Troita, que terá lugar os días 31 de maio e 1 de xuño.

Máis de medio milleiro de ciclistas participaron na proba, non competitiva, que contou cun percorrido de 39 quilómetros con saída e chegada na Alameda.

A satisfacción no Concello de Ponte Caldelas co desenvolvemento da ruta foi tal que xa confirmou que o próximo ano haberá segunda edición.

Ademais o goberno municipal sinalizará de xeito permanente o percorrido para que os afeccionados á bicicleta de montaña poidan acudir de xeito frecuente á localidade.