Ponte1Reto cumpre o seu obxectivo e entrega un triciclo adaptado a Amencer-Aspace

Pontevedra
14 de marzo 2019

O Club Ciclista Ponte1Reto conseguiu completar o seu obxectivo solidario da tempada e entregou, por segundo anos consecutivo, unha bicicleta adaptada para os usuarios da asociación

Ponte1Reto entrega un triciclo adaptado a Amencer-Aspace
Ponte1Reto entrega un triciclo adaptado a Amencer-Aspace / Ponte1Reto

O Club Ciclista Ponte1Reto completou a súa carreira máis importante da tempada, a de cumprir co seu obxectivo solidario.

Atrás quedan os quilómetros completados coa satisfacción de poder entregar, por segundo ano consecutivo, unha bicicleta adaptada para os usuarios de  Amencer-Aspace.

En concreto Ponte1Reto fixo entrega dun triciclo adaptado que se poderá utilizar a partir de agora no Programa Rodando que realiza a asociación.

Os fondos necesarios para comprar este triciclo adaptado saíron da campaña de crowdfunding habilitada polo gran reto do Camiño de Juan.

O equipo ciclista, cumprido o obxectivo, pensa xa en seguir colaborando con Amencer e o Programa Rodando conseguindo ampliar aos poucos o seu parque de bicicletas adaptadas.