Pontevedra avanza na organización do Mundial Sub-20 de Loitas Olímpicas

Pontevedra
28 de febreiro 2024

O vicepresidente da Federación Internacional de Loita, Theodoros Hamakos, visitou este mércores Pontevedra para avanzar nos detalles organizativos do Mundial que a Boa Vila acollerá no mes de setembro

Visita ao Concello do vicepresidente da Federación Internacional de Loita, Theodoros Hamakos
Visita ao Concello do vicepresidente da Federación Internacional de Loita, Theodoros Hamakos / Mónica Patxot

Xornada de traballo para avanzar na organización do Campionato do Mundo Sub-20 de Loitas Olímpicas que se celebrará o próximo mes de setembro en Pontevedra.

Este mércores visitaron a Boa Vila varios representantes federativos, entre os que destacaba o vicepresidente da Federación Internacional de Loita (UWW), Theodoros Hamakos.

Ademais de puír detalles organizativos do evento, a delegación federativa reuniuse no Concello co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.

Cabe destacar que neste Mundial daranse cita entre o 2 e o 8 de setembro ao redor de 2.000 deportistas procecentes de ata 84 países.