O Pontevedra conquista Balaídos cun triunfo de nivel ante o Celta Fortuna

Pontevedra
06 de decembro 2025
Actualizado: 19:56

O equipo granate remontou cun tanto de Alain ao fío do descanso e de Brais de penalti na segunda metade para sumar tres puntos vitais e distanciarse da zona perigosa da táboa

Alain Ribeiro festexa o seu gol en Balaídos frente ao Celta Fortuna
Alain Ribeiro festexa o seu gol en Balaídos frente ao Celta Fortuna / Pontevedra CF SAD

Importante triunfo o conseguido este sábado polo Pontevedra Club de Fútbol asaltando o estadio vigués de Balaídos ao vencer o Celta Fortuna (1-2), equipo que chegaba á cita como segundo clasificado. Un resultado que fai bo os empates recentes e co que pega un importante salto na clasificación distanciándose dos postos perigosos.

Sorprendeu Rubén Domínguez coa súa formulación inicial, con variacións tácticas nunha defensa que formaban Vidorreta, Miki Bosch, Alain Ribeiro repetindo na zaga e Miguel Cuesta, e con Montoro incrustándose no pivote en fase ofensiva e como un central máis cando tocaba defender no repregamento.

A aposta, presionando a saída do rival, pareceu funcionar de inicio, cun filial que non estaba do todo cómodo e ao que lle entrou o medo no corpo no primeiro achegamento granate. Era o minuto 5 e no lanzamento dunha falta a Álex González na frontal da área Yelko Pino estrelaba o seu lanzamento no pau. O seu rexeite quedaba vivo para Vidorreta, co gardameta local no chan, pero o seu remate escapábase alto.

Tardou dez minutos en sacudirse da situación o Celta, nunha boa acción de Jan Oliveras por banda esquerda cun enviou certeiro ao segundo pau para Hugo González que o dianteiro estrelaba practicamente de socato nun atento Edu Sousa.

Partido entre Celta Fortuna y Pontevedra CF en Balaídos
Partido entre Celta Fortuna e Pontevedra CF en BalaídosPontevedra CF SAD

O duelo xogábase de poder a poder, e a seguinte foi para os da Boa Vila. Roubo de Álex nunha mala saída de Coke Carrillo desde a meta viguesa, o capitán habilitaba a Tiago, que regateaba a dous na frontal e cando o tiña todo a favor, desde o punto de penalti, disparaba desviado.

Non penalizaba as súas accións o Pontevedra e si o fixo a Fortuna só tres minutos despois, nunha acción individual do arousán Óscar Marcos. O internacional en categorías inferiores da Selección Española e xa en dinámica do primeiro equipo celtista recibía con tempo na frontal, acomodábaa e colocaba con clase ao pau longo lonxe do alcalde de Edu. Un 0-1 que para nada facía xustiza ao visto até ese momento.

Co gol os granates perderon momentaneamente o convencemento no seu plan, ata que case chegando ao descanso empezaron de novo a asomar ao campo contrario. Así chegou un disparo afastado de Miguel Cuesta rexeitado por Coke na portaría, excanterano pontevedrés, e que tras un segundo intento finalizou en córner. Ese saque de esquina converteríase no empate. Yelko puña un balón preciso ao segundo pau e alí aparecía elevándose só Alain Ribeiro para enviar de cabeza o coiro ao fondo da portaría.

Alain Ribeiro celebra su gol en Balaídos frente al Celta Fortuna
Alain Ribeiro celebra o seu gol en Balaídos fronte o Celta FortunaPontevedra CF SAD

Comezaba un partido novo co paso polos vesturarios. O Celta Fortuna facía un dobre cambio e modificaba o seu debuxo para tentar facerse coa iniciativa. Non lle importou aos de Rubén Domínguez, que xuntaron liñas sen sufrir en execeso e amenzaban con saír en transición. Así se produciu un primeiro aviso de Álex González, case sen ángulo, que sacou Coke pero que foi anulado por fóra de xogo.

Moveu ficha o técnico dos da Boa Vila ao chegar ao minuto 60. Quería ir a polo partido e entraban, sen variar o esquema, Brais Abelenda e Resende en lugar de Compa e Luisao.

Daba a sensación de que calquera detalle ou acción podía resultar decisiva. E o foi un simple saque en longo de Edu Sousa á carreira de Álex González. Era o minuto 66 e o capitán granate gañáballe a partida a Pablo Gavían, centraba e o balón golpeaba na man do defensor local. O árbitro sinalaba penalti e Brais Abelenda, esta vez si como lanzador designado e sen discusión, batía a Coke Carrillo para facer o 1-2 desatando a tolemia entre a afección visitante.

Por baixo no marcador o Celta Fortuna foi con todo a polo empate, e Rubén reaccionou incrustando definitivamente a Montoro na defensa. A pesar diso tampouco é que se lle caesen ocasións ao filial, que se achegou con perigo no minuto 71 nunha acción por velocidade de Hugo González tapando a súa remate Edu, pero que non atopaba continuidade no seu xogo.

Partido entre Celta Fortuna y Pontevedra CF en Balaídos
Partido entre Celta Fortuna e Pontevedra CF en BalaídosPontevedra CF SAD

Foron así pasando os minutos sen grandes sobresaltos, cun Pontevedra tremendamente concentrado e solidario no esforzo defensivo para asegurar tres puntos de ouro. Puido sentenciar antes cun man a man de Brais Abelenda que o 8 non acertou a concretar, pero houbo que sufrir en seis minutos de desconto polo temor de quedar si un merecido premio.

Un triunfo que coloca ao equipo da Boa Vila con 21 puntos antes da visita do Arenas a Pasarón. Un duelo ante un rival directo que, de gañar, pode supoñer chegar ao Nadal con practicamente a metade do traballo feito no obxectivo de asegurar a permanencia.

RC CELTA FORTUNA (1): Coke Carrillo, Pablo Gavián (Cristian Carro, min.78), Pablo Meixús, Jaime Vázquez (Ángel Arcos, min.46), Anxo Rodríguez, Jan Oliveras (Yoel, min.46), Adriá Capdevila (Antañón, min.63), Hugo Burcio, Hugo González, Álvaro Marín (Somuah, min.63), Óscar Marcos.

PONTEVEDRA CF (2): Edu Sousa, Vidorreta, Miki Bosch, Alain Ribeiro (Oute, min.87), Miguel Cuesta, Montoro, Yelko Pino, Tiago Rodríguez, Luisao (Resende, min.61), Álex González (Eimil, min.75), Compa (Brais Abelenda, min.61).

Árbitro: Gonzalo Romero Freixas (Tarragona), auxiliado nas bandas por Daniel Lucas e Rubén Vázquez e con Jesús López como cuarto árbitro. Amoestou a Álex González, Tiago, Yelko, Eimil, Vidorreta e Montoro no Pontevedra ademais de Moncho, adestrador de porteiros, e a Anxo Rodríguez e Meixús no Celta Fortuna.

Goles: 1-0 Óscar Marcos (min.26); 1-1 Alain Ribeiro (min.43); 1-2 Brais Abelenda, de penalti (min.67).

Incidencias: Partido da xornada 15 de liga de Primeira RFEF disputado no Estadio Abanca Balaídos de Vigo ante 2.407 espectadores, con nutrida presenza de afeccionados pontevedreses.