Hai certos aspectos que demostran que o partido do próximo domingo 7 de marzo entre Real Club Deportivo e Pontevedra Club de Fútbol en Riazor non é un encontro corrente, e aseméllase moito máis a unha final que a calquera outra cousa.
Un deles é o mimo e mesmo receo co que ambos os dous equipos preparan o envite e cada un dos seus detalles, aspectos que poden resultar decisivos e decantar finalmente a balanza ao seu favor.
É por iso que tanto os granates como os branquiazuis abandonaron por un día o seu lugar habitual de adestramento en busca do acubillo dos seus respectivos estadios. No Pontevedra, aínda que os de Luisito anunciaran un plan semanal con sede de todas as súas sesións en Xeve, este mércores cambiaron de escenario para refuxiarse en Pasarón aproveitando o bo tempo. Un cambio que ofrecía maior privacidade á hora de incidir en certos aspectos tácticos.
Entrenando duro en Pasarón!!! Sin esfuerzo no hay recompensa. pic.twitter.com/f3qj82eDtI
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) March 3, 2021
O mesmo pensou este xoves Rubén de la Barrera no Deportivo, marchando por un día da cidade deportiva de Abegondo para traballar en Riazor a porta pechada "cunha batería de traballos tácticos, como presión, ou saída de balón", confirma a entidade coruñesa. Ademais a súa xornada concluíu cunha serie de ensaios de accións a balón parado.
Rubén de la Barrera diseñó el plan de partido en ABANCA-RIAZOR https://t.co/UdMcnMeolv pic.twitter.com/R2goNpcDXv
— RC Deportivo (@RCDeportivo) March 4, 2021
No que respecta a os pontevedreses, no seu plan de traballo semanal inclúense sesións preparatorias ata o vindeiro sábado. É o tempo que queda a Luisito para incidir no plan co que espera levar de Riazor os tres puntos en xogo.