Luisito xa ten ao primeiro dos dous dianteiros que espera antes do peche do mercado de fichaxes que dean por pechado o plantel do Pontevedra.
O club granate e o Lugo pactaron a cesión de Mario Barco, atacante de 23 anos que xogará durante unha campaña en Pasarón.
Barco, natural de Estella, xogou a pasada tempada, tamén como cedido, no Somozas, co que marcou 8 tantos en 33 partidos.
Antes o dianteiro militara noutros equipos de segunda B como o Bilbao Athletic, a UD Logroñés e o Barakaldo.
Pontevedra e Lugo negocian tamén a saída de Kevin Presa cara á cidade da muralla, aínda que nese caso as conversacións continúan.
Tras a chegada de Barco, que se incorpora leste mesmo luns aos adestramentos do equipo, a dirección deportiva granate busca agora pechar a fichaxe doutro dianteiro antes do inicio de liga.