O Pontevedra xa ten ao 'home gol' que buscaba para pechar o seu plantel, a unha semana de que comece a liga.
O club granate confirmou este domingo a contratación de Mateu Ferrer, dianteiro mallorquino de 25 anos e 1,83 metros de altura, procede do filial do Real Mallorca, equipo co que a pasada campaña anotou 28 tantos.
Ferrer comprométese polo Pontevedra por unha tempada.
Coa súa fichaxe, e á espera da previsible saída de Kevin Presa, Luisito xa pode traballar co plantel ao completo que buscará esta tempada dar un paso adiante na Segunda División B.