Kevin Presa "se queda en el Pontevedra" tras renovar o seu contrato para as dúas próximas tempadas

Pontevedra
18 de agosto 2016

Xiro inesperado no culebrón do verán no Pontevedra Club de Fútbol. Hai escasos días o club aseguraba que Kevin tiña pé e medio fóra da entidade, pero este xoves confirmou a renovación do centrocampista e a súa continuidade no equipo. Firma "para los dos próximos años con opción de un tercero", segundo revelou a presidenta, Lupe Murillo

Kevin Presa durante un adestramento co Pontevedra
Kevin Presa durante un adestramento co Pontevedra / Daniel Santomé

Xiro inesperado no culebrón do verán no Pontevedra Club de Fútbol. Se hai escasos días desde o club asegurábase que Kevin tiña pé e medio fóra da entidade, este xoves confirmouse a renovación do centrocampista e a súa continuidade no equipo.

Revelouno a presidenta granate, Lupe Murillo, na presentación dos dianteiros Mario Barco e Mateu Ferrer tras un "cambio de decisión del jugador".

Kevin comprométese ata xuño de 2018 con opción a un ano máis

Kevin seguirá así ligado ao Pontevedra "los dos próximos años con opción a un tercero", sinalou a dirixente, mantendo a claúsula de rescisión que fará que "quien quiera al jugador tendrá que pagar".

A pesar de que o interese doutros equipos polo futbolista de Ponteareas foi unha constante desde o final da pasada campaña, o director deportivo, Roberto Feáns, recoñeceu que "nadie llegó a meterse en negociación hasta los últimos 15 días", con ofertas de "Lugo y Deportivo", completou a presidenta.

Coa permenancia de Kevin Presa o Pontevedra dá por pechado o plantel tras facer "un esfuerzo por dar más que el año pasado" coa intención de "que la gente se ilusione" recoñeceu Lupe Murillo.

IKER ALEGRE, TRES SEMANAS DE BAIXA

Unha escordadura de xeonllo manterá de baixa durante tres semanas a Iker Alegre. É o disgnóstico do parte médico do futbolista, sometido este xoves a unha resonancia magnética para coñecer o alcance da lesión que se produciu no Trofeo Luís Otero.

Pola súa banda David Añón sofre unha escordadura clavicular no seu ombreiro esquerdo, o que en principio non lle impedirá viaxar co equipo a Guijuelo para afrontar o primeiro partido de liga.