Animada xornada deportiva en augas do Río Lérez no inicio do Campionato de España de Piragüismo Maratón.
Os barcos individuais e as categorías de veteranos centraron a atención nunha xornada presidida por un día soleado que fixo aínda máis vistosa a competición.
Iván Alonso (Kayak Tudense) en K-1 e David Mosquera (Ría de Betanzos) en C-1 foron os grandes triunfadores na categoría elite, tras completar case 30 quilómetros de percorrido e sete porteos seguidos con atención polos numerosos afeccionados presentes.
O K-1 decidiuse na última volta entre Alonso e Emilio Merchán (Club Kayak Zamora) cunha iguladad que se mantivo ata os últimos metros.
O panorama en C-1 foi totalmente oposto, dominando con autoridade David Mosquera, mentres en categoría feminina Nuria Villace (Ría de Betanzos) foi a gañadora en K-1.
O Campionato de España de Maratón continúa este domingo en horario matinal coas regatas de barcos dobres.