Pontevedra inaugura este sábado o calendario galego cunha regata no río Lérez

Pontevedra
15 de xaneiro 2015

Ten caracter amigable e nela participarán padexeiros de todas as categorías. Iniciarase as 10:30 da mañá

Participantes na Copa de España de piragüismo Maratón no río Lérez

Dúas regatas amigables, unha en Cabanas (Ferrol) e outra en Pontevedra, inauguran esta fin de semana a tempada deportiva no piragüismo galego.

No referente á cita pontevedra, disputarase o sábado 17 de xaneiro co río Lérez como escenario a partir das 10:30 horas da mañá.

Nela participarán padexeiros de todas as categorías, principalmente dos equipos da provincia que pretenden comprobar o estado de forma dos seus deportistas.

Entre as dúas probas a Federación Galega de Piragüismo espera que se concentren máis de cincocentos piragüistas.