A saída de Adrián Expósito do Pontevedra Club de Fútbol deixou unha praza vacante no carril esquerdo de Pasarón que apenas estivo baleira durante horas, pois o conxunto granate acaba de anunciar a fichaxe do lateral esquerdo Rui Pedro.
O xogador luso de 24 anos chega procedente do Amarante FC, club no que estivo cedido esta última tempada por un Paços de Ferreira que perdeu a categoría na Segunda División portuguesa.
Á Segunda División ascendeu precisamente Rui Pedro como un dos xogadores máis destacados do Amarante.
O lateral foi o segundo xogador con máis minutos do persoal e, ademais, entrou no once ideal da competición.
𝑶𝑭𝑰𝑪𝑰𝑨𝑳 ✍️ | 𝗢 𝗰𝗮𝗿𝗿𝗶𝗹 𝗲𝘀𝗾𝘂𝗲𝗿𝗱𝗼 𝗳𝗮𝗹𝗮 𝗽𝗼𝗿𝘁𝘂𝗴𝘂𝗲́𝘀 🇵🇹♥️
— Pontevedra CF 🦴 (
Rui Pedro, lateral esquerdo de 24 anos, convértese en novo xogador do Pontevedra CF
Chega procedente do Paços de Ferreira para reforzar a banda granate#OndeOLerezFaiHistoria pic.twitter.com/OlsTHC8d7yPontevedraCFSAD) July 14, 2026
A súa formación arrincouna en Espinho e pasou por clubs do seu país como Padroense e a canteira do FC Porto.
Recalou posteriormente en Leixões e São João de Ver antes desta última etapa no Paços de Ferreira e Amarante FC.
Tal e como informa o medio portugúes Record, o xogador firma un contrato válido por dúas tempadas co Pontevedra CF.
Desta maneira, Rui Pedro ocupará unha ficha senior e buscará asentarse nun lateral esquerdo de Pasarón que, na actualidade, só conta co portugués como xogador puro nesa demarcación.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.