Un Pontevedra de Primeira RFEF! Vence o Laredo e certifica o ascenso

Pontevedra
20 de abril 2025
Actualizado: 21:23

Pasarón celebrou este Domingo de Pascua ao grande o ascenso do Pontevedra Club de Fútbol a Primeira RFEF, nun partido con algo máis suspense do esperado e que acabou cun resultado de 4-2

O Pontevedra festexa o ascenso a Primeira RFEF tras vencer o Laredo
O Pontevedra festexa o ascenso a Primeira RFEF tras vencer o Laredo / Cristina Saiz

Con algo máis de suspense do esperado, pero dúas tempadas despois o Pontevedra Club de Fútbol é, oficialmente, equipo de Primeira Federación tras certificar matematicamente o primeiro posto co seu triunfo este Domingo de Pascua contra o Laredo (4-2).

O Estadio Municipal de Pasarón vestiu de gala para vivir unha xornada especial, rozando o cheo nas bancadas, e é que os granates soamente dependían de si mesmos. Se lograban os tres puntos conseguían o obxectivo sen mirar ao que fixese o Numancia.

Tiñan todo a favor os de Yago Iglesias, que aínda por riba no seu primeiro achegamento conseguía xa o 1-0. Era o minuto 5 e Brais Abelenda recibía o coiro en carreira pola banda dereita, centraba raso e potente e Álex González fusilaba a porta defendida por David Puras.

O Laredo, equipo xa descendido, resistiuse para non recoñecer axiña a súa derrota, e respondía no minuto 9 co empate de Arruabarrena, ao cazar un balón na frontal, facerse oco e conectar un disparo axustado que rozou Edu pero que se coou na súa portaría.

O gol non inquietou o Pontevedra, que seguiu ao seu dominando o partido buscando con paciencia poder sentenciar. Así, aos poucos, empezaron a caer as ocasións. Álex desde o punto de penalti forzou unha intervención milagrosa da meta visitante, e Samu Mayo rozou o tanto cun disparo desde o frontal que marchou lixeiramente alto.

O Pontevedra vence o Laredo en Pasarón e ascinde a Primeira RFEF
O Pontevedra vence o Laredo en Pasarón e ascende a Primeira RFEFCristina Saiz

O campo cada vez estaba máis decantado cara á área do Laredo, ata que os granates atoparon premio rozando a media hora de xogo. Combinación entre Dalisson e Brais habilitando a Yelko na medialuna e o 10, con clase enganando o porteiro colocaba o 2-1.

Só cinco minutos despois chegaría o 3-1, nunha internada por banda de Héctor Hernández, cuxo centro perigoso era despexado por Álex Alonso cara á súa propia portaría, desatando a tolemia nun Pasarón que se lanzou a botar empezando a celebrar o ascenso.

Puido mesmo o Pontevedra subir o cuarto ao electrónico antes do descanso, pero o disparo de Javi Fontán sacouno baixo paus un defensor.

Quedaban 45 minutos por xogar, e non parecía que a festa puidese augarse, aínda que o equipo da Boa Vila deulle algo de suspense á segunda metade.

O Pontevedra vence o Laredo en Pasarón e ascende a Primeira RFEF
O Pontevedra vence o Laredo en Pasarón e ascende a Primeira RFEFCristina Saiz

O Laredo non quería ser un invitado de pedra, e quixo porlle algo de picante ao encontro. Parecía que pasaban poucas cousas ata que de novo Arruabarrena aparecía de cabeza na área chica para rematar un centro desde a esquerda e facer o 3-2 con media hora por diante.

O tanto arrefriou o ambiente e tamén o xogo, cun Pontevedra que atacaba pero que, sobre todo, non quería correr máis riscos mentres os minutos ían caendo. Aínda así se produciron ocasións como un disparo potente do capitán Álex González repelido polo gardameta e un remate de cabeza de Brais Abelenda que terminou en córner.

Yago movía o banco buscando dar aire ao seu equipo, e entrábanse nos últimos dez minutos de partido.

Para que a festa fose completa só faltaba a sentenza, e chegou no minuto 84 cun protagonista quizais pouco esperado. Foi tras un lanzamento de córner. Despexou a defensa, o coiro caeu a Samu Mayo, centrou e Igor Irazu, coma se fose un nove puro contró na área cruzando coa zurda para desatar, esta vez si, a tolemia en Pasarón.

Non era para menos, o Pontevedrera, por fin, de Primeira RFEF poñendo a guinda a unha tempada redonde e inesquecible.

PONTEVEDRA CF (4): Edu Sousa, Fontán, Garay, Igor, Héctor Hernández (Rufo, min.70), Samu Mayo (Rares, min.87), Yelko Pino, Chiqui (Iago Novo, min.80), Álex González, Brais Abelenda (Charly, min.87), Dalisson (Miguel Cuesta, min.80).

CD LAREDO (2): David Puras, Iker Torre, Andrés Carral, Diego Marta, Jon Sanmillán (David Sanz, min.59), Héctor Tirado, Ander Arriola, Oliver Helguera (Zorrilla, min.80), Álex Alonso, Jon Arruabarrena, Antonio Poo.

Árbitro: Guillermo García Presa, auxiliado en las bandas por Eduardo De Ponga Díez y Kevin Castro Dacosta (Castilla-León). Amonestó a Ander Arriola en el Laredo.

Goles: 1-0 Álex González (min.5); 1-1 Arruabarrena (min.9); 2-1 Yelko Pino (min.29); 3-1 Álex Alonso en propia meta (min.35); 3-2 Arruabarrena (min.59); 4-2 Igor Irazu (min.84).

Incidencias: Partido da xornada 32 de liga no Estadio Municipal de Pasarón, rozando o cheo.

Partido Pontevedra CF - CD Laredo en Pasarón