Pontevedra recibe a remuda de Woolongong e inicia a conta atrás cara á Gran Final das Series Mundiais de 2026

Pontevedra
20 de outubro 2025
Actualizado: 11:48

O presidente da Federación Española de Tríatlon recibiu en Australia a bandeira que acredita a Boa Vila como organizadora do próximo ano da Gran Final

José Hidalgo recibe a bandeira que acredita a Pontevedra como organizador da Gran Final das Series Mundiais 2026
José Hidalgo recibe a bandeira que acredita a Pontevedra como organizador da Gran Final das Series Mundiais 2026 / Federación Española de Triatlón

A conta atrás para a celebración en Pontevedra, por segunda vez na súa historia, da Gran Final das Series Mundiais comezou.

A bandeira da World Triathlon que acredita a Pontevedra como organizadora do gran evento do tríatlon internacional xa está en posesión da Boa Vila, a practicamente 11 meses da gran cita.

O presidente da Federación Española de Tríatlon, José Hidalgo, foi o encargado de recibir a remuda para Pontevedra na cerimonia de clausura da Gran Final disputada estes días na cidade australiana de Woolongong.

Unha competición que se pechou ademais con varias boas novas para o tríatlon nacional, como a medalla de prata (quinto na xeral) na Gran Final de David Cantero.

De feito non subía un deportista español ao podio da última cita do calendario desde Gómez Noya e Mario Mola en Laussane en 2019.

Tamén brillou a viguesa Susana Rodríguez Gacio que logrou en Australia o seu sétimo título mundial de paratriatlón, condición que poderá defender en 2026 na casa e arroupada polos seus.

A Gran Final das Series Mundiais de 2026 de Pontevedra celebrarase do 23 ao 27 de setembro.

A Boa Vila xa empeza a descontar as follas do calendario esperando vivir outra cita para a historia.