Cambio de presidencia no Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar.
Tras a decisión de José Manuel Amado de deixar a máxima representación e pasar a ocupar un cargo de vogal na organización, un pontevedrés asume o mando do Clúster.
Trátase de Pedro Iglesias, xerente de Transgalaica e que até agora era vicepresidente da institución.
"Os retos seguen sendo os mesmos, ímoslle a dar continuidade ao traballo realizado nos últimos tempos, co foco posto nos obxectivos fixados no noso Plan Estratéxico 24-28 e co ánimo de seguir progresando e achegando beneficios ao conxunto da industria galega do deporte", explicou Iglesias tras asumir o seu novo posto.
Na súa última reunión de xunta directiva, na que se ratificou o cambio de presidente, sinaláronse as accións máis importantes que debe afrontar o Clúster nos próximos meses.
Entre eles atópase a consolidación do Observatorio Galego do Deporte, a mellora do parque de infraestrturas deportivas de Galicia, o apoio a iniciativas encamiñadas ao aumento das horas de educación física no ámbito educativo, ou a creación dunha aceleradora do deporte en colaboración co Igape, entre outros.
Outro pontevedrés, Fran Cortegoso (Máis Que Auga), asume o posto de vipresidente que ocupaba até agora Pedro Iglesias.