Este fin de semana viviuse a festa do atletismo sub18 en Castelló, cun gran Campionato de España sub18 no cal puidemos ver en acción á #GeneracionAtletismo.
Ademais foi un gran aliciente de face á preselección de España que acudirá ao próximo Campionato Iberoamericano sub18 que se disputará na cidade paraguaia de Asunción.
Catro xornadas de puro atletismo onde até tres atletas lograron defender o seu título con éxito e levar o dobrete na categoría sub18: Luna Arnás (lonxitude), Anthony Yunier Pérez (110 metros vallas), Diego Espeso (400 metros vallas).
Ademais, até catro marcas do campionato caeron este fin de semana por terras valencianas.
As mulleres do A.D. Marathon conseguiron mellorar a anterior marca de 47.10 do Facsa-Praias de Castelló (2022) grazas ao seu rexistro de 46.88.
Fixérono: Paula García, Teresinha Nater, Claudia Peláez e a pontevedresa Fernanda Basilio Domínguez, neta do doutor e ex presidente do Pontevedra CF, Miguel Domínguez Vaz.