Posta a punto dos atletas da Gimnástica para os campionatos autonómicos en pista cuberta

Pontevedra
05 de xaneiro 2015

Varios atletas pontevedreses lograron a marca mínima nas probas atléticas celebradas en Lugo e Vigo a pasada fin de semana

Ángel Vargas, atleta da Gimnástica Sociedad Gimnástica

O inicio do mes de xaneiro trae consigo a preparación para as primeiras citas atléticas importantes da tempada, como os campionatos galegos en pista cuberta que se celebrarán na Coruña a final de mes.

Os atletas da Gimnástica apuran a súa preparación para estas competicións, como reflectiron as marcas de moitos deles nas probas da pasada fin de semana e que supuxeron un varios casos a mínima para o autonómico.

En Vigo Andrea Pais impúxose nos 200 metros, mesma distancia na que Jon Alonso foi terceiro. Pola súa banda Lucía Ferrer foi terceira nos 60 metros valos sub-18 e en pértega impúxose Emma Ramos con Ana Magdalena en segundo lugar.

Na segunda cita autonómica da fin de semana, en Lugo, Darío Costas gañou os 60 metros cun tempo de 7.04, Santi Ferrer impúxose en pértega con Carlos Montero terceiro. Ademais Ángel Vargas logrou o primeiro posto con mellor marca persoal nos 400 metros (50.96), Alexandre Solla foi terceiro nos 60 valos e Nerea Casal tamén terceira nos 400 metros.