Prata para Lydia Pérez na World Series de Georgia

Pontevedra
21 de xuño 2026

A loitadora lerezana alzouse coa medalla de prata tras caer nunha igualada final da competición de Loita Praia ante a ucraína Sofiia Kushnir

Lydia Pérez, tras proclamarse subcampioa mundial de loita praia
Lydia Pérez, tras proclamarse subcampioa mundial de loita praia / United World Wrestling

A localidade xeorxiana de Baturni acolleu est fin de semana a terceira proba puntuable do calendario das World Series de Loita Praia, unha cita á que non faltou unha Lydia Pérez que xa venceu nas dúas últimas citas da pasada tempada.

A pesar de que non puido levar o ouro tras perder na final, a loitadora lerezana asinou unha gran actuación que a levou a subirse ao segundo chanzo do podio e alzarse así coa medalla de prata en -60 kg.

E é que a pontevedresa arrincou a competición cunha contundente vitoria ante a ucraína Kravchenco na primeira rolda do torneo disputado na area de Batumi (Georgia).

Non negociou a intensidade no combate ante a checa Michaela Ciric, pois gañou coa mesma solvencia que no duelo anterior.

Quen si presentou maior oposición foi outra representante ucraína como é Moskalova, pero nada impediu que Lydia Pérez culminase a xornada con pleno de vitorias para plantarse na decisiva final polo ouro.

A encargada de plantar oposición á lerezana nesta rolda final foi a ucraína Sofiia Kushnir, que neutralizou á galega nun igualado combate que deixou sen o premio do ouro á representante española.

A pesar diso, Lydia terminou a competición cun meritorio segundo posto que reafirma o seu bo facer na modalidade de Loita Praia.