Prata mundial para Fernando Echávarri e Tara Pacheco na clase Nacra 17 de vela

Pontevedra
11 de setembro 2017

O regatista pontevedrés e a súa compañeira no Nacra 17 de vela demostraron terse adaptado á perfección á súa nova embaración situándose entre as parellas a bater no recentemente estreado ciclo olímpico, tal e como confirmaron no Mundial celebrado en La Grande Motte (Francia)

Fernando Echávarri e Tara Pacheco na Copa do Mundo de Hyères
Fernando Echávarri e Tara Pacheco na Copa do Mundo de Hyères

Fernando Echávarri e Tara Pacheco demostraron adaptarse á perfección á súa nova embarcación da clase Nacra 17 de vela, que agora navega con 'foils', situándose como unha das parellas para bater no recentemente estreado ciclo olímpico.

Así o confirmaron no Campionato do Mundo da categoría celebrado na Grande Motte (Francia), onde se proclamaron subcampións reforzando o seu gran resultado no Europeo, onde tamén foran prata.

Nun final de infarto o regatista pontevedrés e a súa compañeira, a canaria Tara Pacheco, quedaron a só tres puntos dos británicos Ben Saxton e Katie Dabson, completando o podio a máis distancia os italianos Ruggero Tita e Caterina Banti. 

"Nunca vira unha competición tan apertado como esta", reconoción tras a proba Echávarri, para quen "esta prata é o colofón á nosa tempada"  nun ano no que se hiceron co ouro no Trofeo Princesa Sofía, na Sailing World Cup Hyeres e na final da World Sailing en Santander.