Preocupación ante a nova lesión de xeonllo de Iker Alegre

Pontevedra
05 de setembro 2016

O futbolista terá que esperar ata o xoves para coñecer o alcance exacto da lesión que se produciu no Sardinero, cando se lle realice unha resonancia magnética. "Parece que la rodilla está estable pero no puede asegurarlo", explicou a PontevedraViva tras pasar revisión este luns co médico do club, o doutor Barragáns

Iker Alegre durante o partido entre Pontevedra e Mutilvera
Iker Alegre durante o partido entre Pontevedra e Mutilvera

Iker Alegre terá que esperar uns días para coñecer o alcance exacto da preocupante lesión que se produciu no transcorro do partido do domingo en Santander.

O futbolista granate retirouse lesionado antes do descanso tras unha acción na que notou "un chasquido" no seu xeonllo.

Este luns, xa en Pontevedra, Iker pasou revisión co médico do club, o doutor Barragáns, pero deberá agardar ata o xoves para realizar unha resonancia magnética que revele a magnitude da doenza, unha vez que diminúa a inflamación na zona.

Iker Alegre: "Parece que la rodilla está estable pero no puede asegurarlo"

"Parece que la rodilla está estable pero no puede asegurarlo", explicou o centrocampista a PontevedraViva tras a primeira exploración.

As sensacións son "parecidas a las de la otra vez", sinala en relación ao esquince que se produciu en pretempada ante o Lugo, pero "igual estoy un poco más dolorido".

O que é seguro é que Iker Alegre perderase, no mellor dos casos, polo menos un par de xornadas de liga, empezando pola visita do Palencia a Pasarón o vindeiro domingo 11 de setembro (18:00 horas).