O partido do pasado domingo entre o Pontevedra CF e o Real Madrid Castilla deixou un mal sabor de boca polo gol anulado na contorna dun equipo granate que, a pesar de todo, saíu reforzado.
Foi un encontro no que houbo faltas, goles anulados e unhas cantos cartóns, quedando peor parado o preparador físico do conxunto lerezano, Carlos Arosa, que foi expulsado de maneira directa polo colexiado tras protestar unha decisión arbitral.
A Real Federación Española de Fútbol (RFEF) xa fixo pública a resolución disciplinaria, que impón ao preparador dous partidos de suspensión por "protestas ao árbitro principal, asistente ou cuarto árbitro", conforme ao artigo 52 do Código Disciplinario (e o artigo 127 complementario).
Ademais, Arosa deberá cumprir un terceiro partido de sanción por non abandonar de inmediato o terreo de xogo e non dirixirse aos vestiarios tras a expulsión, o que eleva a sanción total a tres encontros, acompañados da correspondente multa accesoria.
Desta forma, o Pontevedra CF non poderá contar con el no próximos tres compromisos.
O primeiro deles será o sábado contra o Cacereño (14:00 horas), o seguinte disputarase o sábado 21 ante o CD Lugo (18:30 horas, en Pasarón) e terceiro será o 21 de febreiro (16:15 horas) fronte ao Osasuna Promesas a domicilio.
Doutra banda, o Comité de Competición tamén comunicou a amoestación con cartón amarelo ao gardameta Rubén Domínguez, por "formular ou realizar observacións, xestos ou reparos ao árbitro principal, asistente ou cuarto árbitro".
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.