A Real Federación Española de Fútbol fixo oficial este mércores os horarios da xornada 26 de liga en Primeira RFEF.
Trátase do último compromiso do mes de febreiro, e que para o Pontevedra suporá desprazamento.
Os granates visitarán a Osasuna Promesas en terras navarras.
O encontro foi fixado unha vez máis para o Pontevedra en sábado. Concretamente o día 21 de febreiro ás 16.15 horas.
Nesta ocasión o choque só poderá seguirse polas dúas plataformas audiovisuais que ofrecen a totalidade de partidos da Primeira RFEF, como son FC Play e LaLiga+.
📺 𝗛𝗢𝗥𝗔𝗥𝗜𝗢𝗦 𝗬 𝗧𝗘𝗟𝗘𝗩𝗜𝗦𝗜𝗢𝗡𝗘𝗦 | 𝗝𝗢𝗥𝗡𝗔𝗗𝗔 𝟮𝟲#PrimeraFederación | #VersusELearning pic.twitter.com/yJ2nHGGNQh
— Primera Federación Versus e-Learning (@Primera_RFEF) February 11, 2026
Actualmente Osasuna Promesas ocupa a última posición do grupo con 20 puntos, polos 39 que acumulan os pontevedreses na terceira praza.
Antes deste choque o equipo adestrado por Rubén Domínguez aínda ten por diante outros dous encontros de liga, tamén en sábado.
Son os previstos este día 14 de febreiro a domicilio contra o Cacereño (14.00 horas) e o sábado 21 (18.30 horas) contra o CD Lugo en Pasarón.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.