Primeira derrota do Arxil, que cae ante o Ensino nun apertado partido (56-61)

Pontevedra
09 de novembro 2014

As verdes dominaron o encontro ata o último cuarto, pero no último parcial pagaron os seus erros, principalmente en ataque

Fallon Lewis no partido entre Arxil e Ensino no CGTD
Fallon Lewis no partido entre Arxil e Ensino no CGTD / Diego Torrado

O Club Baloncesto Arxil pagou caro o seu mal último cuarto, sobre todo no aspecto ofensivo, e acabou cedendo a súa primeira derrota da tempada ante un combativo Durán Maquinaria Ensino (56-61).

As verdes arrancaron o partido con forza, dominando con claridade un primeiro cuarto no que anotuaban con facilidade ante un equipo lucense desbordado (24-12).

Sen embargo as visitantes entoáronse no segundo parcial, axustaron a súa defensa e comezaron pouco a pouco a remontar ante un Arxil que xa non encestaba con fluidez.

A renda das pontevedresas mantívose ata o final do terceiro cuarto (47-44) pero no período definitivo as de Mayte Méndez quedaron sen ideas e o Ensino culminou a remontada que acaba coa imbatibilidade do Arxil na terceira xornada de competición.

CB ARXIL (56): Diarrá (13), Ana Martín (5), María Lago (12), Sandra Entenza (5), Fallon Lewis (12)  -cinco inicial- Ana Román (6), María González (3), Carla, Jara, Cristina Díaz-Pache.

DURÁN MAQUINARIA ENSINO (61): Tamara Montero (11), Suttles (6), Sara Cuíña (8), Marta Lema (6), Mireia Navarrete (17) -cinco inicial- Reggiardo, Rocío Varela (4), Gema García (9).

Árbitros: García Fernández e Lema Parda. Sen eliminadas.

Parciais: 24-12, 12-14, 11-18, 9-17.

Incidencias: Partido disputado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.