Lucía Vázquez impúxose na primeira cita do Superprestigio MTB Caja Rural disputada na localidade navarra de Arguedas, no que supón a súa primeira vitoria individual da tempada.
A biker de Vilaboa vístese así de líder do certame, puntuable para o ránking UCI de Cross Country Olímpico.
"Foi unha carreira tranquila", recoñeceu Lucía, que aínda que participou cun arrefriado marcou a pauta desde o inicio cun ritmo que os seus rivais non puideron seguir.
"Sabía que se inicialmente collía distancia despois podería ir regulando e centrada en evitar problemas mecánicos e caídas", asegurou a ciclista pontevedresa, que estreaba a súa condición de mellor española no ránking UCI.
A pesar de sufrir unha pequena caída Lucía Vázquez chegou a meta con case tres minutos e medio de vantaxe sobre Aurea Ruiz (Bicihuerta), segunda clasificada, e en case catro sobre a terceira, Olatz Odriozola (Bizikleta).
A próxima cita do Superprestigio MTB se disputarña a mediados de abril en Arnedo. Antes, a deportista de Vilaboa participará na terceira carreira da Taça de Portugal, onde defende título.