Primeira xornada na casa da tempada para o Tenis de Mesa Monte Porreiro na Superdivisión

Pontevedra
11 de novembro 2021

Tras o seu histórico debut en Europa, o club pontevedrés retoma a competición doméstica esta fin de semana recibindo o pavillón de Príncipe Felipe ao San Sebastián de los Reyes

Equipo do Monte Porreiro no seu debut na ETTU Cup na República Checa
Equipo do Monte Porreiro no seu debut na ETTU Cup na República Checa

Despois do seu histórico debut en Europa, o Tenis de Mesa Monte Porreiro volve á actividade doméstica coa primeira xornada na casa da tempada na  Superdivisión masculina.

O conxunto pontevedrés, que na primeira xornada do torneo caeu en Santiago fronte ao Arteal, buscará sumar ademais o seu primeiro triunfo do curso na visita ao pavillón de Príncipe Felipe do San Sebastián de los Reyes (domingo, a partir das 11.00 horas).

A cita servirá para ver por primeira vez en acción en Pontevedra ás fichaxes do equipo, como o ruso Ilia Isakov e o internacional español Miguel Ángel  Vílchez.

"Sabemos que vai ser moi complicado ante os madrileños, equipo moi completo", sinalan desde o Monte Porreiro.

Coincidindo coa xornada de Superdivisión celebraranse tamén encontros das ligas galegas.

En canto aos equipos do Tenis de Mesa Monte Porreiro na División de Honra, o feminino actuará esta fin de semana a domicilio contra o Narón e o filial masculino viaxará a Vilagarcía.