Primeiro torneo internacional de kárate para o Gimsport

Pontevedra
02 de xuño 2024

Este sábado 1 de xuño a Escola de Karate Gimsport desplazouse ó Municipio de Monçao, en Portugal, para disputar o seu primeiro campionato fóra da fronteira española

 

O Gimsport, no VII Torneio de Karate de Monção Gimsport

Este sábado 1 de xuño a Escola de Karate Gimsport desplazouse ó Municipio de Monçao, en Portugal, para disputar o seu primeiro campionato fóra da fronteira española.

No VII Torneio de Karate de Monção déronse cita 29 clubes e máis de 400 deportistas, seis integrantes do clube pontevedrés.

Na categoría Kata <7 anos, Ariadna Álvarez levou o clube ao máis alto do podio colgándose a medalla de ouro, mentres que Vera Quintáns fíxose co segundo posto.

Na categoría Kata 8-9 anos, Borja González gañou a prata, Áxel Gil conseguiu o quinto posto e Álvaro Sánchez quedou sétimo.

Finalmente, na categoría Kata 10-11 anos, Mateo Quintás subiuse o segundo chanzo do podio.

Neste campionato, o Gimsport puido competir contra karatekas portugueses e demostrar o gran nivel que ten o karate galego. A próxima cita será de novo en terras lusas o 16 de xuño na vila de Entroncamento no Phenomenon Internacional Karate Open.