Proba esixente para o Pontevedra no seu primeiro partido na casa da tempada

Pontevedra
01 de setembro 2018

O Pontevedra recibe este domingo (19:00 horas) a un dos máximos candidatos ao ascenso, a Cultural Leonesa, e faino con lle necesidade de puntuar tras o seu  tropezo na primeira xornada de liga. Os granates, coa única ausencia de  Pibe por lesión

Adestramento do Pontevedra na Xunqueira
Adestramento do Pontevedra na Xunqueira / Mónica Patxot

O Estadio Municipal de Pasarón será escenario este domingo (19:00 horas) do seu primeiro encontro da tempada na segunda xornada de liga da Segunda División B, nun choque no que o Pontevedra enfrontarase a un dos máximos candidatos ao ascenso, a Cultural Leonesa.

Os granates, tras o seu mal inicio de competición en Salamanca, buscan redimirse ante a súa afección e lograr un triunfo que sirva ademais como unha boa dose de moral.

"Además de hacer bien las cosas tienes que tener un nivel de concentración, de estar dentro del partido, del 200% porque sabes que en cualquier acción se puede desiquilibrar el partido", asegurou esta semana Luismi ante a calidade do plantel leonés. 

Ante iso, o técnico pontevedrés cre que a receita para tentar levar os tres puntos será "sobre todo correr y hacerles un partido incómodo".

Pibe será a única ausencia por lesión no Pontevedra, pero Luismi recupera para a causa a Javi López cumprido un encontro de sanción, polo que se fan necesarios varios descartes.

Na Cultural pola súa banda, que na primeira xornada de liga goleou o Rápido de Bouzas (4-0), as últimas horas deixaron varios movementos na confección do seu plantel, con varias saídas de homes que non contaban para o adestrador, Víctor Cea.

O colexiado do encontro será Carlos Fernández Buergo, da delegación territorial asturiana.