Prometedor triunfo do Peixe Galego en Copa Galicia ante o Breogán

Marín
16 de setembro 2016

O cadro marinense segue experimentado unha gran progresión e énchese de moral para o inicio de liga vencendo a un dos equipos chamados a loitar polo play-off

Partido de Copa Galicia entre Peixe Galego e Breogán
Partido de Copa Galicia entre Peixe Galego e Breogán / Cristina Saiz

Motivos para soñar deulle o Peixe Galego aos seus seguidores, despois de vencer na Raña a un dos equipos chamados a pelexar polo play-off de ascenso na LEB Ouro, o Breogán de Lugo, no seu terceiro partido da Copa Galicia.

Os de Javi Llorente impuxéronse por 84-79, nun partido que arrincou no primeiro cuarto co talento de Derksen e Cain marcando diferenzas en ataque (18 puntos cada un en todo o partido) e unha boa defensa para tomar unha renda de 9 puntos (27-18).

O Peixe mantivo o tipo ata o descanso (43-36) ante un Breogán moi fallón, pero os de Lugo melloraron no terceiro cuarto, momento no que baixou a intensidade local, chegando a poñerse por diante no electrónico.

Nese intre os de Marín recuperaron o seu nivel para volver tomar a dianteira (58-56) e mantela nuns igualados 10 últimos minutos de xogo.