Prometedora estrea do Poio FS goleando ao potente Burela (5-1)

Poio
20 de agosto 2015

Grande imaxe do equipo vermello no seu primeiro partido de pretempada, no que se estreaba no banco Jorge Basanta, ante un equipo como o lucense, que aspira a todo esta tempada

Amigable entre Poio FS y Burela na Seca
Amigable entre Poio FS y Burela na Seca / Mónica Patxot

Apenas levan un par de semanas adestrando, baixo as ordes ademais dun novo adestrador e coa baixa dunha xogadora importante como Claudia, concentrada coa Selección Española, pero non foi iso impedimento para deixar grandes sensacións na súa estrea.

O Poio Fútbol Sala xogou este mércores o seu primeiro amigable da pretempada e fíxoo cunha convincente actuación ante un equipo, o Burela, que aspira a todo esta campaña tras rematar terceiro a pasada liga de Primeira División.

As vermellas caracterizáronse por unha grande intensidade defensiva dende o inicio e mostraron cales serán os seus sinais de identidade con Jorge Basanta no banco.

Elena adiantou o Poio, pero Maite empatou para as lucenses antes do descanso.

Xa no segundo acto Jessi e Jenny daban vantaxe ás locais, que sentenciaron no último minuto con dous goles máis de Ale que dan licenza para soñar con algo máis que a permanencia na máxima categoría.

Só foi un partido e queda un longo camiño por diante, pero o Poio Fútbol Sala demostrou que arranca o curso con ilusión.