O Pontevedra Club de Fútbol prepárase para afrontar unha dobre saída, aos campos de Athletic B e Ourense CF, antes de volver xogar ante o seu público no Estadio Municipal de Pasarón.
É non sucederá de novo até o domingo 5 de outubro, na sexta xornada do campionato de liga de Primeira RFEF.
Este mércores a Real Federación Española de Fútbol fixo públicos precisamente os horarios e repartición televisiva desa xornada, na que os granates recibirán no seu estadio o Talavera CF.
Será o seu primeiro encontro do curso en horario matinal, e é que o duelo foi fixado para o domingo día 5 de outubro ás 12.00 horas.
📺 𝗛𝗢𝗥𝗔𝗥𝗜𝗢𝗦 𝗬 𝗧𝗘𝗟𝗘𝗩𝗜𝗦𝗜𝗢𝗡𝗘𝗦 | 𝗝𝗢𝗥𝗡𝗔𝗗𝗔 𝟲#PrimeraFederación | #VersusELearning pic.twitter.com/UIj312kZin
— Primera Federación Versus e-Learning (@Primera_RFEF) September 17, 2025
O partido será incluído ademais na canle lineal televisivo que ofrece dez encontros por xornada, ademais de poder serguirse polas dúas plataformas que emiten a totalidade da competición.
Será a quinta vez en seis xornada de liga que o Pontevedra figure entre os equipos escollidos por esa canle lineal de Movistar Plus+. Orange, Digi, Zapi e +Media.
O único encontro que polo momento se quedou fóra dos duelos máis interesantes da xornada segundo as plataformas televisivas é precisamente o próximo que debe afrontar o Pontevedra, fronte ao filial do Athletic Club.